> **📝 EXAME DE CONTROL: TEMA 8 (Lexislación e Normalización)** # MODALIDADE 1: Tipo Test con Justificación Tes que escoller a opción correcta e explicar BREVEMENTE por que as outras son incorrectas. ## 1. Elixe No marco da Lei 19/2013 de Transparencia, o dereito de acceso á información pública poderá ser limitado cando supoña un prexuízo para: - A) Os intereses económicos e comerciais da Administración solicitada de forma xenérica. - B) A prevención, investigación e castigo dos ilícitos penais, administrativos ou disciplinarios. - C) Calquera información que aínda non fose publicada no Portal de Transparencia correspondente. ### Resposta: Velaquí sería a B. ### Xustificación: - A) A economía e o comercio non ten cabida na limitación do dereito de acceso á información pública, é máis, só polo principio de transparencia, dita información debería de ser pública e accesible, salvo que se trate de información confidencial ou que afecte a terceiros, pero non de forma xenérica. - B) A prevención, investigación e castigo dos ilícitos penais, administrativos ou disciplinarios son causas que derivan nunca sensibilidade informativa que verase limitada de forma especial cara a publicidade de dita información. Ésta a atopamos especialmente nomeada na Sección Primeira, do Réxime Xeral, do Capítulo III, do Dereito de Acceso á Información Pública, do Título I, de Transparencia da Actividade Pública da Lei 19/2013, do 9 de Decembro, de transparencia de Acceso á Información Pública e bo Goberno. - Do Artigo 14, Dos límites ao Dereito de Acceso á Información. - Do Artigo 15, Do Garante da Protección de Datos Personais. - Do Artigo 16, Do Acceso Parcial á Información Pública. - C) Precisamente, o portal de transparencia úsase para ter de caracter público a información que xestiona a Administración, de caracter obrigatorio, polo que non tería unha situación especial, e menos de limitalo acceso á mesma salvo cando ésta afecte a terceiros, pero non en mézcora con outras cousas. ### Corrección Nota Profe: No punto A da túa xustificación, dis que a economía non ten cabida. Ollo, que o Artigo **14.1.h)** da Lei 19/2013 si menciona "Os intereses económicos e comerciais" como límite, pero a clave da pregunta era que a miña opción dicía "**de forma xenérica**", e a lei esixe que se probe un **perxuízo real**. Moi ben visto. # MODALIDADE 2: Respuesta Corta Define ou responde de forma técnica e directa. ## 2. Pregunta Segundo a LO 3/2018, en que consiste o "Dereito de Rectificación"? ### Resposta: O Dereito de rectificación é o dereito que posuimos para poder facer cambios ou correccións nos datos que nos atañen. Viría sendo o Artigo 14 do Capítulo II, do Exercicoi dos Dereitos, do Título III, dos Dereitos das Persoas, da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de Decembro de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais. ### Corrección Definición perfecta. O dereito a que se modifiquen datos inexactos ou incompletos. ## 3. Pregunta Cal é o nome do órgano encargado en España de velar polo cumprimento da normativa de transparencia e resolver as reclamacións (mencionado no teu resumo do Bloque 2)? ### Resposta: O Consello de Transparencia e Bo Goberno, que se atopa no Artigo 24 da Sección III do Réxime de Impugnacións, do Capítulo III, do Dereito de Acceso á Información Pública, do Título I, da Transparencia da Actividade Pública, da Lei 19/2013, do 9 de Decembro de Transaprecnia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno. ### Corrección Correcto. O **Consello de Transparencia e Bo Goberno**. É o "gardián" deste dereito. # MODALIDADE 3: Pregunta de Desenvolvemento (Estrutura) Aquí non quero un testamento, quero que me estrutures os puntos clave como se llo tiveses que explicar a un compañeiro. ## 4. Pregunta Baseándote na Lei 3/1983 e na Ordenanza de Ferrol, explica como debe ser a relación lingüística entre o Concello e os administrados (veciños). Que lingua se usa por defecto e que dereitos ten o cidadán? ### Resposta: A relación ha de ser na lingua que elixa o veciño, pero para fomentalo uso do galego, esta farase de primeiras en galego, salvo que específicamente o veciño solicite o uso do castelán. Aquí temos referencias a isto na Normativa Municipal, concretamente no seu Capítulo VIII, no seu único Artigo XVIII. Pola outra banda, os termos que atañen á Lei 3/1983, do 15 de Xuño, de Normalización Lingüística non define nada máis aló dos dereitos cara o uso do galego por parte dos cidadáns, deerivando á Xunta calaquera disposición cara dita normalización. ### Corrección **Moi boa**. * Tes claro o principio: o galego é a lingua "por defecto" para fomentar a normalización, pero sempre respectando o dereito do cidadán a recibir comunicacións en castelán se o pide. - *Punto Extra*: Citaches o Capítulo VIII da Ordenanza de Ferrol. Esa precisión é de nivel "plaza de funcionario".