> **📝 A miña proposta de "Exame de Aperto" (Crash Test):** Aproveitando que estás fresco, imos facer unha micro-ronda de choque mesturando eses puntos críticos (ENS/ENI, Lei 39 e Facendas). Se che parece ben, imos cun formato mixto rápido: # PREGUNTA 1 (Tipo Test con Xustificación - Lei 39/2015) Os prazos sinalados por días nas administracións públicas, sempre que non se sinale outra cousa, enténdense que son: - A) Días naturais, incluíndo sábados, domingos e festivos. - B) Días hábiles, excluíndo sábados, domingos e os declarados festivos. - C) Días hábiles, excluíndo domingos e festivos, pero incluíndo os sábados. ## Resposta É a B. Esta pregunta vímola fai pouco. Por sorte a atopei fácilmente, ademais de que ven sendo de lóxica por mor de seren habitual dito sobreentendimento. Ésta ven estando o Apartado 2 do Artigo 30, do Cómputo de Plazos, do Capítulo II, dos Termos e Plazos, do Título I, dos Interesados no Procedemento, da Lei 39/2015 do 1 de Outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. # PREGUNTA 2 (Resposta Curta - ENS/ENI) No Esquema Nacional de Seguridade (ENS), cales son as tres dimensións ou categorías nas que se clasifican os sistemas segundo o impacto que tería un incidente de seguridade? ## Resposta As dimensións non son 3, segundo o Anexo II, concretamente o seu punto 2, que nos fala das Dimensións da Seguridade. Velaquí temos unha ristra de 5 as cales son: - **C**: Confidencialidade. - **I**: Integridade. - **T**: Trazabilidade. - **A**: Autenticidade. - **D**: Dispoñibilidade. > **Anotacións**: Velaquí dubidei por parbo. Estaba a pensar primeiro nos niveis e dicíame a min mesmo "non, oh, cómo vai ser iso, iso ten que ser parte da estructuración do Anexo II" e mirei os artigos onde ubicaba os niveis, que nada teñen que ver, e o final atopeino onde pensaba, pero non caia de que foran estes os niveis. Demasiado fácil. Despiste? ## Corrección - **O meu erro (a propósito)**: Pregunteiche por "3 dimensións ou categorías" para ver se caías na trampa ou se me correxías. - **A túa resposta**: Fixeches o correcto. Identificaches as **5 dimensións (CITAD)**. - **Nota do Profe**: Na túa anotación dis que "non caías en que foran estes os niveis". Ollo, non te confundas: **Niveis** son Baixo, Medio e Alto. **Dimensións** son as siglas CITAD. O ENS usa as *dimensións* para determinar o *nivel* (categoría) do sistema. ¡Pero deches no cravo co Anexo II! # PREGUNTA 3 (Desenvolvemento Estruturado - Facendas Locais) Explica brevemente os 3 grandes bloques de "Gastos" que compoñen un Orzamento Municipal (Tema 6). Só os títulos e unha frase de que son. ## Resposta A Clasificación dos estados do Gasto que determina os tipos viría determinado no Artigo 167, da Estructura dos Estados de Ingresos e Gastos, da Sección I, do Contido e Aprobación, do Capítulo I, dos Orzamentos, do Título VI, do Orzamento e Gasto Público, do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de Marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facentas Locais, concretamente no seu apartado 3. - a) Clasificación por programas. É relativo ao área de gasto, á política de gasto e aos grupos de programas. - b) Clasificación económica con separación dos gastos correntes e os gastos de capital. - c) Clasificación económica de tres niveis. Relativo ao capítulo, o artigo e o concepto. > **Anotación**: Tiven que miralo, ainda que na cabeza ía encaminado pero non percibía como expoñelos. ## Corrección Esa diferenciación entre **Programas** (en que se gasta), **Económica** (como se gasta: luz, persoal, investimentos) e **Orgánica** (quen gasta) é fundamental. É un tema moi árido, pero estruturaches a resposta de xeito moi profesional.