817 lines
69 KiB
Plaintext
817 lines
69 KiB
Plaintext
BOP
|
||
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
|
||
www.dacoruna.gal D.L.: C-1-1958
|
||
|
||
|
||
XOVES, 30 DE MAIO DE 2024 JUEVES, 30 DE MAYO DE 2024 | BOP NÚMERO 104
|
||
|
||
|
||
ADMINISTRACIÓN LOCAL
|
||
MUNICIPAL
|
||
FERROL
|
||
Recursos Humanos
|
||
Bases xerais reguladoras dos procesos selectivos convocados polo Concello de Ferrol para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario de
|
||
carreira, quenda libre, así como as prazas reservadas á promoción interna incluídas nas OEP
|
||
ANUNCIO
|
||
Por Resolución da concellería de Recursos Humanos de data 09/05/2024 acórdase aprobar as bases que de seguido
|
||
se transcriben:
|
||
“BASES XERAIS REGULADORAS DOS PROCESOS SELECTIVOS CONVOCADOS POLO CONCELLO DE FERROL PARA CUBRIR
|
||
PRAZAS VACANTES DE PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA, QUENDA LIBRE, ASÍ COMO AS PRAZAS RESERVADAS Á PRO-
|
||
MOCIÓN INTERNA INCLUÍDAS NAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO
|
||
Primeira. Obxecto
|
||
As presentes bases xerais teñen por obxecto regular os procesos selectivos para o ingreso como persoal funcionario de
|
||
carreira nos corpos e escalas do Concello de Ferrol, de conformidade co disposto no artigo 70 do Real decreto lexislativo
|
||
5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público e o artigo
|
||
48 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, así como os aspectos comúns aos procesos selectivos
|
||
para prover as prazas de persoal funcionario que estean reservadas á promoción interna de conformidade co disposto no
|
||
artigo 18 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto
|
||
básico do empregado público e o artigo 80 e 81 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia.
|
||
1.1 Os requisitos específicos de cada proceso selectivo estableceranse nas bases específicas reguladoras de cada
|
||
unha das convocatorias, no marco da aplicación xeral das presentes bases.
|
||
1.2 Exclúense do ámbito de aplicación destas bases xerais, pola súa especificidade e/ou por atoparse delegada a
|
||
competencia para o desenvolvemento dos procesos selectivos na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), os
|
||
procesos selectivos para o acceso ás distintas escalas e categorías do corpo de bombeiros e da Policía Local.
|
||
Segunda. Normativa aplicable
|
||
Os procesos selectivos citados rexeranse polo establecido nestas bases xerais e nas correspondentes bases especí-
|
||
ficas de cada convocatoria. Así mesmo, no non establecido nelas, serán de aplicación a estes procesos selectivos o Real
|
||
decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado
|
||
público; a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do
|
||
réxime local; Real decreto 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes
|
||
en materia de réxime local; Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas
|
||
mínimos do procedemento de selección dos funcionarios de administración local; Decreto 95/1991, de 20 de marzo,
|
||
que aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; Real Decreto
|
||
364/1995, que aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración do Estado; Lei 39/2015,
|
||
do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante LPAC); Lei 40/2015, do 1
|
||
de outubro, de réxime xurídico do Sector Público; Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba
|
||
o texto refundido da Lei xeral dos dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, e Lei 7/2023, do 30
|
||
de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia .
|
||
Número de anuncio 2024/3691
|
||
|
||
|
||
|
||
|
||
Terceira. Publicidade das convocatorias e seguimento dos procesos selectivos
|
||
3.1 As convocatorias dos procesos selectivos serán publicadas, ademais de no Boletín Oficial da Provincia da Coruña
|
||
(en diante BOP), na sede electrónica municipal (www.ferrol.gal/Sede).
|
||
Os anuncios das convocatorias publicaranse no Diario Oficial de Galicia (en diante DOG) e no Boletín Oficial do Estado
|
||
(en diante BOE).
|
||
3.2 Os demais actos e acordos que se diten en desenvolvemento de cada proceso selectivo realizarase a través do
|
||
BOP e da sede electrónica municipal, segundo proceda.
|
||
|
||
Página 1 / 13
|
||
Xoves, 30 de maio de 2024
|
||
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP
|
||
[Número 104]
|
||
BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
|
||
Jueves, 30 de mayo de 2024
|
||
|
||
|
||
|
||
3.3 As publicacións na sede electrónica inseriranse dentro do apartado de Recursos Humanos, Oferta pública de
|
||
emprego e/ou no taboleiro de anuncios.
|
||
Cuarta. Procesos selectivos
|
||
4.1. Os procesos de selección realizaranse mediante o sistema de oposición ou concurso-oposición de acordo co
|
||
que establezan as correspondentes bases específicas das convocatorias. Os procesos da quenda de promoción interna
|
||
realizaranse mediante o sistema de concurso-oposición.
|
||
4.2 As bases específicas de cada convocatoria establecerán un calendario estimado de desenvolvemento dos proce-
|
||
sos selectivos.
|
||
4.3 Desde a total conclusión dun exercicio ou proba ata o comezo do seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de
|
||
72 horas e máximo de 40 días hábiles.
|
||
4.4 Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, salvo casos de forza maior debida-
|
||
mente xustificados e apreciados discrecionalmente polo órgano de selección. Serán excluídos do proceso selectivo quen
|
||
non compareza, salvo nos supostos alegados e xustificados con anterioridade á celebración do exercicio e nos casos de
|
||
forza maior acaecidos o mesmo día da realización, apreciados discrecionalmente polo órgano de selección, que deberá
|
||
adoptar resolución motivada para o efecto. A non presentación dun aspirante a calquera dos exercicios obrigatorios no
|
||
momento de ser chamado determinará automaticamente o decaemento do seu dereito a participar nese e nos sucesivos,
|
||
quedando excluído en consecuencia do procedemento selectivo.
|
||
4.5 Se por mor de embarazo de risco, parto ou enfermidade grave debidamente acreditados algunha das persoas as-
|
||
pirantes non puidese completar o proceso selectivo ou realizar algún exercicio deste, a súa situación quedará condicionada
|
||
á finalización do proceso e á superación das fases que quedasen aprazadas, non podendo demorarse estas de maneira
|
||
que se menoscabe o dereito do resto de aspirantes a unha resolución do proceso axustada a tempos razoables, o que
|
||
deberá ser valorado polo órgano de selección, e en todo caso a súa realización terá lugar antes da publicación da listaxe
|
||
de aspirantes que superaron o proceso selectivo.
|
||
En todo caso, tal e como establece o art. 154 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres
|
||
e homes de Galicia, as convocatorias dos procesos selectivos recollerán a posibilidade de adiar a data para realizar aqueles
|
||
exercicios que coincidiren coa data do parto ou cos primeiros días do puerperio.
|
||
Os aspirantes que se atopen nalgunha das situacións indicadas nos apartados anteriores deberán comunicar a súa
|
||
situación, tan pronto como a coñezan, e en todo caso con carácter previo ao día e hora de inicio de celebración do exame, e
|
||
achegar a documentación acreditativa ao Tribunal Cualificador, tan pronto como dispoñan dela, e nun prazo que non poderá
|
||
ser superior a dous días hábiles desde o día de comunicación da situación, polo medio que se indique, para a súa valora-
|
||
ción e no seu caso, para a convocatoria do exame nunha data posterior. Non se valorarán aquelas situacións comunicadas
|
||
con posterioridade á hora de inicio da celebración do exame, ou cuxa documentación acreditativa achéguese despois de
|
||
transcorridos dous días hábiles desde a comunicación da situación.
|
||
A orde de actuación das persoas opositoras será o que resulte do sorteo ao que se refire o Decreto 95/1991 do 20 de
|
||
marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
|
||
4.6 Os días de celebración dos exercicios do proceso selectivo os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de
|
||
documento fidedigno que acredite a súa identidade.
|
||
4.7 O órgano de selección poderá requirir, en calquera momento do proceso selectivo, a acreditación da identidade
|
||
dos aspirantes. Así mesmo, en calquera momento do procedemento, se o órgano de selección tivese coñecemento de que
|
||
algún dos aspirantes non cumpre calquera dos requisitos esixidos na convocatoria, deberá propoñer a súa exclusión á
|
||
autoridade convocante, ou no seu caso poñerá en coñecemento da mesma que puidese concorrer esta circunstancia para
|
||
que, previas as comprobacións necesarias, resolva ao respecto.
|
||
4.8 Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer
|
||
no acceso ao emprego público, o órgano de selección establecerá e informará ás persoas aspirantes, con anterioridade á
|
||
realización dos exercicios, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos
|
||
Número de anuncio 2024/3691
|
||
|
||
|
||
|
||
|
||
nas bases da correspondente convocatoria. No caso de que o órgano de selección acorde parámetros para a cualificación
|
||
dun exercicio en desenvolvemento dos criterios de valoración previstos na convocatoria, aqueles difundiranse con anterio-
|
||
ridade á realización do exercicio. O órgano de selección adoptará as medidas necesarias para garantir o anonimato dos
|
||
aspirantes na corrección dos exercicios, salvo nas exposicións orais que se acorden ou nos exercicios prácticos que non o
|
||
permitan.
|
||
4.9 Unha vez comezado o proceso selectivo, os anuncios de celebración dos restantes exercicios faranse públicos
|
||
cun mínimo de 24 horas de antelación á sinalada para o seu inicio, se se trata do mesmo exercicio,
|
||
|
||
Página 2 / 13
|
||
Xoves, 30 de maio de 2024
|
||
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP
|
||
[Número 104]
|
||
BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
|
||
Jueves, 30 de mayo de 2024
|
||
|
||
|
||
|
||
ou con 48 horas se se trata dun novo. Estes anuncios publicaranse na sede electrónica do Concello de Ferrol. Así
|
||
mesmo, concluído cada un dos exercicios do proceso selectivo, o órgano de selección fará pública na sede electrónica
|
||
municipal a relación de aspirantes que os superasen con indicación da puntuación obtida.
|
||
4.10 Calquera referencia normativa do temario entenderase referida ás disposicións legais vixentes na data de publi-
|
||
cación no BOP das bases específicas da convocatoria.
|
||
4.11 A fase de oposición versará sobre as materias comúns e específicas contidas nos programas correspondentes
|
||
ás diferentes convocatorias. Os programas conterán unha parte común as prazas correspondentes a un mesmo grupo de
|
||
titulación e escala (materias comúns) e unha parte específica (materias específicas) relacionada co contido das funcións e
|
||
tarefas atribuídas á praza convocada.
|
||
Nas probas selectivas para o acceso da Escala de Administración Xeral, dúas quintas partes de temas do programa
|
||
desenvolverán en profundidade as materias comúns enunciadas. As tres quintas restantes versarán sobre materias rela-
|
||
cionadas directamente coas funcións encomendadas con carácter habitual aos membros da respectiva escala, subescala
|
||
ou clase de funcionarios.
|
||
Se se trata de probas selectivas para o acceso á Escala de Administración Especial, os programas conterán catro
|
||
quintas partes de materias que permitan determinar a capacidade profesional dos aspirantes, segundo a escala, subescala
|
||
ou clase de funcionarios de que se trate, así como a normativa específica relacionada coas funcións para desempeñar. A
|
||
quinta parte restante versará sobre as materias comúns.
|
||
O número mínimo de temas atendendo ao grupo de titulación, será o seguinte:
|
||
|
||
GRUPO/SUBGRUPO NÚMERO MÍNIMO DE TEMAS
|
||
A1 90
|
||
A2 60
|
||
B 50
|
||
C1 40
|
||
C2 20
|
||
AGRUPACIÓNS PROFESIONAIS 10
|
||
|
||
|
||
A estes contidos mínimos, poderanse engadir os temas que se consideren necesarios para garantir a selección das
|
||
persoas máis cualificadas para o desempeño das prazas convocadas. Na fase de oposición os exercicios terán carácter
|
||
eliminatorio e na realización dos exercicios escritos deberá garantirse o anonimato das persoas aspirantes.
|
||
Con carácter xeral os procesos selectivos constarán dos seguintes exercicios:
|
||
SUBGRUPOS A1 E A2
|
||
- Primeiro exercicio: De carácter obrigatorio e eliminatorio para todas as persoas aspirantes que consistirá na resolu-
|
||
ción por escrito dun cuestionario tipo test de como máximo 100 preguntas (máis 10 de reserva) con catro alternativas de
|
||
resposta, sendo só unha delas correcta, en relación ao contido total do temario (materias comúns e específicas) que figure
|
||
nas correspondentes bases específicas. As respostas incorrectas descontarán unha terceira parte do valor que se outor-
|
||
gue a cada resposta correcta. As respostas en branco non descontarán. Todas as preguntas terán a mesma puntuación.
|
||
- Segundo exercicio: De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistente en desenvolver por escrito dous temas, a elixir
|
||
entre catro, da parte específica do temario de cada unha das convocatorias. Os dous temas serán obtidos mediante sorteo
|
||
realizado polo órgano de selección.
|
||
- Terceiro exercicio: De carácter obrigatorio e eliminatorio, que consistirá en resolver un suposto práctico, a elixir entre
|
||
dúas propostas do órgano de selección, relativo aos contidos das materias comprendidas na parte específica do temario de
|
||
cada unha das convocatorias. No caso do subgrupo A1, o suposto práctico poderá consistir na redacción dun informe con
|
||
proposta de resolución. O contido da proba será determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización da mesma.
|
||
Neste exercicio, valorarase a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á resolución dos
|
||
Número de anuncio 2024/3691
|
||
|
||
|
||
|
||
|
||
problemas prácticos obxecto do suposto.
|
||
Estimarase especialmente a sistemática na proposta realizada polos aspirantes, a formulación de conclusións, coñe-
|
||
cemento e axeitada aplicación da normativa vixente e pragmatismo na resolución dos supostos.
|
||
- Cuarto exercicio: proba de coñecemento da lingua galega. De carácter obrigatorio salvo para aquelas persoas aspi-
|
||
rantes que acrediten dentro do prazo de presentación de solicitudes o Celga do nivel correspondente ou título equivalente
|
||
debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se
|
||
regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo),
|
||
|
||
Página 3 / 13
|
||
Xoves, 30 de maio de 2024
|
||
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP
|
||
[Número 104]
|
||
BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
|
||
Jueves, 30 de mayo de 2024
|
||
|
||
|
||
|
||
modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). Este exercicio será cualificado como
|
||
apto ou non apto.
|
||
SUBGRUPOS B, C1, C2 e Agrupacións profesionais
|
||
- Primeiro exercicio: De carácter obrigatorio e eliminatorio para todas as persoas aspirantes que consistirá na resolu-
|
||
ción por escrito dun cuestionario tipo test de como máximo 100 preguntas (máis 10 de reserva) para os subgrupos B e
|
||
C1, e de 50 preguntas (máis 5 de reserva) para os subgrupos C2 e Agrupacións Profesionais, con catro alternativas de
|
||
resposta, sendo só unha delas correcta, en relación ao contido total do temario (materias comúns e específicas) que figure
|
||
nas correspondentes bases específicas. As respostas incorrectas descontarán unha cuarta parte do valor que se outorgue
|
||
a cada resposta correcta. As respostas en branco non descontarán. Todas as preguntas terán a mesma puntuación.
|
||
- Segundo exercicio: De carácter obrigatorio e eliminatorio, que consistirá en resolver un suposto práctico, a elixir entre
|
||
dúas propostas do órgano de selección, relativo aos contidos das materias comprendidas na parte específica do temario
|
||
de cada unha das convocatorias. O contido da proba será determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización
|
||
da mesma. Neste exercicio, valorarase a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á
|
||
resolución dos problemas prácticos obxecto do suposto. Estimarase especialmente a sistemática na proposta realizada
|
||
polos aspirantes, a formulación de conclusións, coñecemento e axeitada aplicación da normativa vixente e pragmatismo
|
||
na resolución dos supostos.
|
||
No caso de que, pola natureza das tarefas a desenvolver (persoal de oficios, etc.) a proba práctica non teña carácter
|
||
escrito e consista na realización de probas manuais ou de destreza, os criterios de valoración estableceranse nas bases
|
||
específicas ou, no seu defecto, deberán poñerse en coñecementos dos/as aspirantes con carácter previo ao inicio das
|
||
probas.
|
||
No caso do persoal da escala de administración xeral, subescala auxiliar, a proba práctica consistirá nunha proba
|
||
informática.
|
||
- Terceiro exercicio: proba de coñecemento da lingua galega. De carácter obrigatorio salvo para aquelas persoas aspi-
|
||
rantes que acrediten dentro do prazo de presentación de solicitudes o Celga do nivel correspondente ou título equivalente
|
||
debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se
|
||
regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo),
|
||
modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). Este exercicio será cualificado como
|
||
apto ou non apto.
|
||
4.12 Nos procesos de promoción interna o número de temas que conterán as bases específicas de cada convocatoria,
|
||
atendendo ao grupo de titulación, será o seguinte:
|
||
|
||
GRUPO/SUBGRUPO NÚMERO DE TEMAS
|
||
A1 45
|
||
A2 35
|
||
B 25
|
||
C1 20
|
||
C2 10
|
||
|
||
|
||
A fase de oposición constará dos seguintes exercicios:
|
||
- Promoción interna ao subgrupo A1: Constará de dous exercicios: o primeiro exercicio consistirá nun exercicio tipo
|
||
test de carácter teórico con 100 preguntas (máis 10 de reserva) e o segundo exercicio de carácter práctico consistirá en
|
||
redactar un informe con proposta de resolución, de entre 3 a elixir. Neste último exercicio, os aspirantes poderán empregar
|
||
textos legais non comentados.
|
||
– Promoción interna ao subgrupo A2: Constará de dous exercicios: o primeiro exercicio consistirá nun exercicio tipo
|
||
test de carácter teórico con 70 preguntas (máis 7 de reserva) e o segundo exercicio consistirá en resolver un suposto
|
||
Número de anuncio 2024/3691
|
||
|
||
|
||
|
||
|
||
práctico, de entre 3 a elixir. Neste último exercicio, os aspirantes poderán empregar textos legais non comentados.
|
||
– Promoción interna ao grupo B: Constará dun só exercicio, consistente na realización dun caso práctico relacionado
|
||
coas funcións que se desempeñen no posto.
|
||
– Promoción interna ao subgrupo C1: Constará dun só exercicio, consistente nun cuestionario tipo test con 50 pregun-
|
||
tas (máis 5 de reserva). Nos casos de promoción interna dentro da escala de Administración especial o proceso poderá
|
||
consistir na realización dun único exercicio de carácter práctico relacionado coas funcións e/ou tarefas das prazas as que
|
||
se pretende promocionar.
|
||
|
||
Página 4 / 13
|
||
Xoves, 30 de maio de 2024
|
||
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP
|
||
[Número 104]
|
||
BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
|
||
Jueves, 30 de mayo de 2024
|
||
|
||
|
||
|
||
– Promoción interna ao subgrupo C2: Constará dun só exercicio, de carácter teórico, consistente nun test con 40
|
||
preguntas (máis 4 de reserva). Nos casos de promoción interna dentro da escala de Administración especial o proceso
|
||
poderá consistir na realización dun único exercicio de carácter práctico relacionado coas funcións e/ou tarefas das prazas
|
||
as que se pretende promocionar.
|
||
En todos os exercicios descritos nos apartados anteriores, as preguntas tipo test terán catro respostas alternativas,
|
||
sendo só unha a correcta. As respostas incorrectas e as respostas en branco non descontarán. Todas as preguntas terán
|
||
a mesma puntuación. Para a superación do exercicio requirirase ter o 50% de respostas correctas.
|
||
Nos exercicios de tipo práctico valorarase a capacidade de análise e a aplicación razoada dos coñecementos teóricos
|
||
á resolución dos problemas prácticos obxecto do suposto. Estimarase especialmente a sistemática na proposta realizada
|
||
polos aspirantes, a formulación de conclusións, coñecemento e axeitada aplicación da normativa vixente e pragmatismo
|
||
na resolución dos supostos.
|
||
No caso de que, pola natureza das tarefas a desenvolver (persoal de oficios, etc.) a proba práctica non teña carácter
|
||
escrito e consista na realización de probas manuais ou de destreza, os criterios de valoración estableceranse nas bases
|
||
específicas ou, no seu defecto, deberán poñerse en coñecementos dos/as aspirantes con carácter previo ao inicio das
|
||
probas.
|
||
Os sistemas de cualificación do proceso selectivo recolleranse nas bases específicas de cada convocatoria.
|
||
4-13 Os temarios, tanto dos procesos de selección para o ingreso no emprego público como dos procesos de pro-
|
||
moción interna, incluirán contidos relativos ao principio de igualdade de mulleres e homes e á prevención e loita contra
|
||
a violencia de xénero, tal e como establece o art. 158 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de
|
||
mulleres e homes de Galicia.
|
||
4.14 Nos exercicios tipo test, no prazo máximo de 3 días hábiles desde a finalización da proba, o órgano de selección
|
||
publicará na páxina web e na sede electrónica do Concello de Ferrol a relación de respostas correctas ás preguntas formu-
|
||
ladas. Os interesados poderán presentar reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados desde o día seguinte a súa
|
||
publicación.
|
||
4.15 O acceso por quenda libre realizarse, con carácter xeral, polo sistema de oposición salvo que pola natureza das
|
||
prazas ou das funcións a desempeñar sexa mais adecuada a utilización do sistema de concurso-oposición.
|
||
O acceso por promoción interna realizarase polo sistema de concurso oposición.
|
||
Nos supostos nos que se acuda ao sistema de concurso-oposición, a fase de concurso, que se realizará con carácter
|
||
previo á fase de oposición, non terá carácter eliminatorio e consistirá na valoración dos méritos recollidos nas bases
|
||
específicas de cada convocatoria. A valoración de estes méritos non poderá supoñer más dun 40% da puntuación máxima
|
||
alcanzable no proceso selectivo. Os méritos valoraranse con referencia á data do peche do prazo de presentación de
|
||
solicitudes. Deberán acreditarse documentalmente todos os méritos alegados na solicitude. Para realizar as acreditacións
|
||
as persoas aspirantes deberán ter en conta que os documentos acreditativos deben ser auténticos, estar validados ou
|
||
cotexados. Se os méritos non se acreditan como sinalan as bases non serán tidos en conta polo órgano de selección.
|
||
O órgano de selección realizará a baremación da fase de concurso e publicará a puntuación provisional na sede
|
||
electrónica do Concello de Ferrol. Coa publicación da puntuación definitiva indicará a data, hora e lugar de celebración do
|
||
primeiro exercicio da fase de oposición.
|
||
Nos procesos de quenda libre a porcentaxe máxima de puntuación correspondente a cada tipo de mérito, sobre a
|
||
puntuación máxima alcanzable na fase de concurso do proceso selectivo, será a seguinte:
|
||
- Méritos relativos á experiencia: 20 %
|
||
- Méritos relativos á formación: 20 %
|
||
A puntuación máxima que se pode obter na fase de concurso non poderá superar o 40% da puntuación máxima total
|
||
do proceso selectivo.
|
||
Nos procesos de promoción interna a puntuación máxima correspondente a cada mérito, sobre a puntuación máxima
|
||
Número de anuncio 2024/3691
|
||
|
||
|
||
|
||
|
||
alcanzable na fase de concurso do proceso selectivo (40 puntos), será a seguinte:
|
||
1.- Experiencia profesional, os servizos prestados en calquera Administración Pública en prazas da escala, subescala e
|
||
subgrupo ou grupo de clasificación profesional desde o cal se pretende promocionar, a razón de 0,08 puntos por mes com-
|
||
pleto. Non se terán en conta os períodos inferiores ao mes. Tampouco se sumarán os remanentes derivados de distintos
|
||
nomeamentos.
|
||
Neste apartado, en cumprimento do artigo 80.3 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, modifica-
|
||
do pola disposición derradeira terceira da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
|
||
|
||
Página 5 / 13
|
||
Xoves, 30 de maio de 2024
|
||
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP
|
||
[Número 104]
|
||
BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
|
||
Jueves, 30 de mayo de 2024
|
||
|
||
|
||
|
||
de Galicia, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia
|
||
de igualdade, establecerase unha puntuación específica a favor dos candidatos e candidatas, homes e mulleres, por estar
|
||
utilizando ou ter utilizado, nos últimos 5 anos anteriores á publicación da convocatoria específica no BOP, un máximo de
|
||
0,5 puntos, nos seguintes termos:
|
||
- Permiso por parto, por garda con fins de adopción ou acollemento: 0,2 puntos/permiso
|
||
- Redución de xornada por motivos familiares: 0,02 puntos/mes
|
||
A estes efectos, só se computará unha redución por ano e se tomará como data de referencia a data do seu inicio. No
|
||
suposto de que o seu desfrute se estendera na anualidade seguinte á de inicio, computarase como unha soa redución.
|
||
- Excedencia por coidado de familiares: 0,02 puntos/mes.
|
||
Os méritos relativos aos servizos prestados no Concello da Ferrol deberán alegarse coa solicitude, con indicación dos
|
||
períodos de servizos prestados e serán comprobados polo Servizo de Recursos Humanos.
|
||
Os servizos prestados noutras Administracións Públicas acreditaranse mediante un certificado expedido polo órgano
|
||
correspondente. O certificado deberá facer constar os servizos prestados que se pretendan facer valer como experiencia
|
||
profesional na fase de concurso, expresará para este efecto as funcións desenvolvidas, debendo ademais, achegarse
|
||
copia do contrato ou nomeamento con indicación da praza, corpo, escala, subescala ou clase de adscrición. O certificado
|
||
deberá así mesmo acompañarse de certificación da vida laboral, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, na
|
||
que consten expresamente os períodos e grupo de cotización correspondentes a esa categoría.
|
||
A puntuación máxima a acadar neste apartado será de 15 puntos.
|
||
2.- Formación.
|
||
Valorarase a realización e impartición de cursos de formación expedidos ou homologados por organismos públicos,
|
||
colexios profesionais, sindicatos e similares acreditados oficialmente, relacionados coa praza obxecto desta convocatoria
|
||
e coas materias incluídas no temario anexo.
|
||
Non se valorará a asistencia a asembleas, xornadas, congresos, conferencias, seminarios, as materias que formen
|
||
parte dunha titulación académica, os módulos ou partes integrantes dun curso, simposios ou similares, nin os cursos nos
|
||
que non quede acreditada a súa duración.
|
||
Valoraranse os cursos relativos a materias transversais na Administración; réxime xurídico, procedemento administrati-
|
||
vo, prevención de riscos laborais, informática, violencia de xénero, contratación, linguaxe de signos, etc.
|
||
Os méritos por cursos de formación e especialización realizados acreditaranse mediante a presentación de copia do
|
||
correspondente diploma ou título.
|
||
Cando se impartan ou se realicen cursos cunha denominación e contido idénticos, puntuarase un só deles.
|
||
A puntuación por hora acreditada establecerase nas bases específicas tendo en conta o grupo ou subgrupo de pertenza
|
||
da praza a convocar, de tal maneira que para acadar a puntuación máxima se teña que acreditar un mínimo de 1500 horas
|
||
para o subgrupo A1, 1200 horas para o subgrupo A2, 1000 horas para o grupo B, 800 horas para o subgrupo C1 e 600
|
||
horas para o subgrupo C2.
|
||
Non se valorarán aqueles cursos non que non consten as horas nin o contido do programa.
|
||
A puntuación máxima a acadar neste apartado será de 15 puntos.
|
||
3.- Grao consolidado: puntuación máxima de 5 puntos. Estableceranse 5 niveis de puntuación, tomando como referen-
|
||
cia os umbrais máximo e mínimo do subgrupo ou grupo de clasificación profesional desde o cal se pretende promocionar.
|
||
4.- Coñecemento da lingua xurídica administrativa galega: puntuación máxima de 5 puntos.
|
||
- Linguaxe administrativa nivel medio (nivel medio de linguaxe administrativa local galega, linguaxe xurídica galega, ciclo
|
||
elemental dos estudos de galego da escola oficial de idiomas): 2,5 puntos
|
||
- Linguaxe administrativa nivel superior (nivel superior de linguaxe administrativa, linguaxe xurídica galega superior ou
|
||
Número de anuncio 2024/3691
|
||
|
||
|
||
|
||
|
||
ciclo superior dos estudos de galego da escola oficial de idiomas): 5 puntos
|
||
Soamente se valorará o curso ou certificado de maior puntuación. Só se concederá validez aos cursos, estudios ou
|
||
titulacións homologadas polo órgano competente en materia de política lingüística. A acreditación dos méritos realizarase
|
||
mediante diploma ou certificado expedido polo órgano competente.
|
||
No caso de persoal non administrativo, non se utilizará este mérito e os 5 puntos incrementarán a puntuación máxima
|
||
a acadar no apartado de formación.
|
||
|
||
|
||
|
||
Página 6 / 13
|
||
Xoves, 30 de maio de 2024
|
||
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP
|
||
[Número 104]
|
||
BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
|
||
Jueves, 30 de mayo de 2024
|
||
|
||
|
||
|
||
4.16 Contra os resultados da puntuación provisional obtida na fase de concurso as persoas aspirantes poderán
|
||
presentar reclamación ante o órgano de selección nun prazo de 5 días hábiles contados desde o día seguinte a súa
|
||
publicación. Á vista das reclamacións presentadas o órgano de selección aprobará e publicará as puntuacións definitivas.
|
||
4.17 A cualificación final do proceso selectivo que se realice mediante o sistema de concurso- oposición virá determi-
|
||
nada pola suma da cualificación final da fase de concurso e a puntuación obtida na fase de oposición.
|
||
4.18 En caso de empate, a orde establecerase atendendo á seguinte prelación:
|
||
a) Maior puntuación obtida na fase de oposición, no seu conxunto.
|
||
b) Maior puntuación obtida na fase de oposición pola orde dos exercicios.
|
||
c) Puntuación obtida na fase de concurso.
|
||
d) Nos procesos selectivos da quenda de promoción interna, maior antigüidade na Administración Pública.
|
||
e) Orde alfabético segundo o recollido na base 4.6
|
||
f) En último lugar, o empate dirimirase por sorteo.
|
||
4.19 Contra os acordos do órgano de selección poderá interpoñerse un recurso administrativo de alzada ante o órgano
|
||
que o nomeou segundo o artigo 121 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común (LPAC).
|
||
Quinta. Acceso das persoas con discapacidade
|
||
5.1 As convocatorias de probas selectivas das prazas correspondentes á oferta de emprego público incluirán un míni-
|
||
mo do 7% das prazas que se convoquen para seren cubertas por persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao
|
||
33%, no caso de que así se estableza na citada oferta de emprego público. Poderá non efectuarse esta reserva de prazas
|
||
para persoas con discapacidade no caso de que o persoal do Concello de Ferrol con discapacidade igual ou superior ao
|
||
33% supere o 2% do número total de efectivos no momento da aprobación da correspondente oferta de emprego público.
|
||
5.2. Quen opte ás prazas reservadas para persoas con discapacidade deberá acreditar un grao de discapacidade igual
|
||
ou superior ao 33% e indicar expresamente esta opción na súa solicitude; de non indicalo, entenderase que non optan por
|
||
esta reserva. Se algunha persoa aspirante con discapacidade que se presenta pola cota de reserva de persoas con disca-
|
||
pacidade supera os exercicios pero non obtén praza e a súa puntuación é superior á obtida por outras persoas aspirantes
|
||
do sistema de acceso xeral, será incluída pola súa orde de puntuación neste sistema.
|
||
5.3 As persoas aspirantes con discapacidade poderán pedir no modelo oficial da solicitude as adaptacións e os axus-
|
||
tes razoables de tempo e medios das probas do proceso selectivo a fin de asegurar a súa participación en condicións de
|
||
igualdade.
|
||
Sexta. Requisitos das persoas aspirantes
|
||
6.1. Requisitos xerais:
|
||
Para seren admitidas na realización das probas selectivas as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisi-
|
||
tos, ademais dos que se establezan nas correspondentes bases específicas:
|
||
a) Ter nacionalidade española ou cumprir os requisitos establecidos no artigo 57 do texto refundido da Lei do estatuto
|
||
básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, no suposto de acceso ao
|
||
emprego público de nacionais doutros Estados.
|
||
b) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes
|
||
funcións ou tarefas.
|
||
c) Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
|
||
d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas, dos
|
||
órganos constitucionais ou dos órganos estatutarios das Comunidades Autónomas, nin estar en situación de inhabilitación
|
||
absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder
|
||
ao corpo ou escala de persoal funcionario do que a persoa foi separada ou inhabilitada. No caso de ser nacional doutro
|
||
Número de anuncio 2024/3691
|
||
|
||
|
||
|
||
|
||
Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin estar sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que
|
||
impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
|
||
e) Posuír a titulación esixida nas correspondentes bases específicas ou estar en condicións de obtela. No caso de
|
||
titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite,
|
||
no seu caso, a homologación.
|
||
f) Outros requisitos que, no seu caso, poidan esixirse nas correspondentes bases específicas.
|
||
|
||
|
||
|
||
Página 7 / 13
|
||
Xoves, 30 de maio de 2024
|
||
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP
|
||
[Número 104]
|
||
BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
|
||
Jueves, 30 de mayo de 2024
|
||
|
||
|
||
|
||
De conformidade co disposto no art. 50.3 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, non poden
|
||
participar nos procesos selectivos as persoas que xa pertencen ao respectivo corpo, escala ou categoría profesional.
|
||
6.2 Requisitos específicos para participar pola quenda de discapacidade:
|
||
Considéranse persoas con discapacidade as definidas no artigo 4 do Real decreto lexislativo 1/2013, de 29 de novem-
|
||
bro. A opción as prazas reservadas a persoas con discapacidade deberá formularse na solicitude. Quen solicite participar
|
||
na quenda de reserva de persoas con discapacidade unicamente poderán presentarse a esta quenda. A contravención
|
||
desta norma determinará a exclusión da persoa aspirante que non a houbese observado. No caso de que as persoas con
|
||
discapacidade tiveran solicitado adaptacións ou axustes razoables de tempo e medios para arealización das probas do
|
||
proceso selectivo, deberán achegar o ditame técnico facultativo emitido polo órgano técnico de cualificación do grao de
|
||
discapacidade, a efectos de que o órgano de selección poida valorar a procedencia ou non da concesión da adaptación
|
||
solicitada.
|
||
6.3 Requisitos específicos para participar en procesos de promoción interna:
|
||
a) Estar en posesión ou en condicións de obter o título académico oficial esixido nas bases específicas para a praza
|
||
que se convoca.
|
||
b) Ter prestado servizos efectivos na condición de persoal funcionario durante polo menos 2 anos no subgrupo ou grupo
|
||
de clasificación profesional desde o cal se pretende promocionar.
|
||
c) Non superar a idade máxima de xubilación forzosa.
|
||
d) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes
|
||
funcións ou tarefas.
|
||
e) Outros requisitos que, no seu caso, poidan esixirse nas correspondentes bases específicas.
|
||
6.4 As persoas aspirantes deberán posuír todos os requisitos esixidos nos apartados anteriores o día en que remate
|
||
o prazo para presentar as solicitudes e mantelos ata a data do seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
|
||
Sétima. Solicitudes
|
||
7.1 Forma e prazo de presentación
|
||
As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello de Ferrol.
|
||
Poderán tamén presentarse en calquera das formas que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
|
||
procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Neste caso, poderase descargar o modelo oficial de
|
||
instancia na sede electrónica.
|
||
De conformidade co artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Ad-
|
||
ministracións Públicas, o Concello de Ferrol poderá establecer regulamentariamente que as persoas participantes nos
|
||
procesos selectivos por el convocados deban relacionarse obrigatoriamente a través de medios electrónicos nos termos
|
||
que establezan as correspondentes convocatorias.
|
||
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do
|
||
anuncio do extracto da convocatoria no BOE.
|
||
7.2 Cada convocatoria especificará o importe e o pago da taxa por dereitos de exame de acordo coa Ordenanza Fiscal
|
||
número 28 reguladora da taxa pola solicitude de participación en probas de selección do persoal. A carta de pagamento
|
||
pode obterse ou ben no departamento de Xestión Tributaria do Concello de Ferrol ou telematicamente na páxina web do
|
||
concello: www.ferrol.gal coa seguinte ruta: (sede electrónica/oficina virtual tributaria/acceso á oficina virtual tributaria/
|
||
trámites sen certificado/autoliquidacións/taxas/selección de persoal).
|
||
Quedan exonerados do seu aboamento aqueles/as aspirantes que figuren como demandantes de emprego durante,
|
||
polo menos, 6 meses antes da data da publicación da convocatoria no BOP das probas selectivas nas que solicite a par-
|
||
ticipación. A estes efectos, deberá achegarse documento xustificativo expedido pola oficina de emprego correspondente.
|
||
As taxas só serán devoltas no caso de que o/a aspirante non sexa admitido/a ao proceso selectivo por causas non
|
||
Número de anuncio 2024/3691
|
||
|
||
|
||
|
||
|
||
imputables a el/ela. A falta de pagamento das taxas de participación, dentro do prazo de presentación de instancias,
|
||
determinará a exclusión do/a aspirante e non poderá ser obxecto de emenda. En ningún caso a presentación e pago da
|
||
taxa suporá a substitución do trámite de presentación da instancia.
|
||
7.3 Para seren admitidas nas probas selectivas correspondentes as persoas aspirantes deberán manifestar nas súas
|
||
solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data en que remate o prazo de
|
||
presentación.
|
||
7.4 As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude:
|
||
|
||
Página 8 / 13
|
||
Xoves, 30 de maio de 2024
|
||
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP
|
||
[Número 104]
|
||
BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
|
||
Jueves, 30 de mayo de 2024
|
||
|
||
|
||
|
||
– Número de DNI/NIE.
|
||
– Grado de discapacidade, se fora o caso.
|
||
– Méritos alegados no caso de que o proceso selectivo sexa o de concurso-oposición, de acordo co apartado 7.5.
|
||
Salvo no caso de imposibilidade por falta de medios técnicos, os datos incluídos nas solicitudes serán consultados de
|
||
oficio polo Concello de Ferrol. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á devandita consulta, deberán indicalo na
|
||
casilla correspondente da solicitude e achegar unha copia da seguinte documentación:
|
||
– DNI/NIE
|
||
– Titulación académica ou profesional esixida nas bases específicas da convocatoria.
|
||
– Persoas con discapacidade: certificado de discapacidade
|
||
– Permiso de conducir, no caso de ser un requisito esixido nas bases específicas para a participación na correspon-
|
||
dente convocatoria.
|
||
– Calquera outra documentación que se requira nas bases específicas
|
||
No caso de non ser posible a obtención de oficio destes datos , requirirase ás persoas interesadas a presentación dos
|
||
citados documentos. Do mesmo xeito, mentres non se dispoña dos medios técnicos necesarios, a necesidade de achegar
|
||
esta documentación constará expresamente nas bases especificas . En todo caso, as persoas interesadas deberán ache-
|
||
gar coa solicitude:
|
||
– Acreditación do CELGA do nivel requirido nas bases específicas ou título equivalente debidamente homologado de
|
||
acordo coa normativa de aplicación no caso de solicitar a exención da realización da proba de coñecemento do
|
||
idioma galego
|
||
7.5 Acreditación de méritos para baremar no caso de concurso-oposición:
|
||
No caso de que o sistema selectivo sexa o de concurso-oposición, con anterioridade a fase de oposición, o órgano
|
||
de selección valorará os méritos alegados e acreditados documentalmente no prazo de presentación de solicitudes polas
|
||
persoas aspirantes. A documentación que acredite os méritos presentaranse preferentemente por vía electrónica a través
|
||
da sede electrónica do Concello de Ferrol ou mediante o procedemento establecido nas respectivas bases específicas.
|
||
Poderá tamén presentarse en calquera das formas que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
|
||
procedemento administrativo común das Administracións Públicas. Para realizar as acreditacións as persoas aspirantes
|
||
deberán ter en conta que os documentos acreditativos deben ser auténticos, estar validados ou cotexados. Se os méritos
|
||
non se acreditan como sinalan as bases non serán tidos en conta polo órgano de selección.
|
||
Os méritos relativos aos servizos prestados no Concello de Ferrol deberán alegarse coa solicitude, con indicación dos
|
||
períodos de servizos prestados e serán comprobados polo Servizo de Recursos Humanos. Os servizos prestados noutras
|
||
Administracións Públicas acreditaranse mediante copia auténtica do certificado expedido polo órgano correspondente. O
|
||
certificado deberá facer constar os servizos prestados que se pretendan facer valer como experiencia profesional na fase
|
||
de concurso, expresará para este efecto as funcións desenvolvidas, debendo ademais, achegarse copia do contrato ou
|
||
nomeamento con indicación do corpo, escala, subescala ou clase de adscrición. O certificado deberá así mesmo acompa-
|
||
ñarse de certificación da vida laboral, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, na que consten expresamente
|
||
os períodos e grupo de cotización correspondentes a esa categoría.
|
||
Os méritos por cursos de formación e especialización realizados acreditaranse mediante a presentación de copia
|
||
auténtica do correspondente diploma ou título.
|
||
Non será necesario presentar a documentación acreditativa dos méritos cando esta figure nos expedientes do servizo
|
||
de Recursos Humanos do Concello de Ferrol. Os méritos valoraranse con referencia á data do peche do prazo de presenta-
|
||
ción de solicitudes. En ningún caso se valorarán méritos non alegados na solicitude ou non acreditados documentalmente
|
||
en prazo.
|
||
7.6 As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, no apartado de idioma do exame, si o texto do exercicio
|
||
Número de anuncio 2024/3691
|
||
|
||
|
||
|
||
|
||
deberá entregarse en galego ou en castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a solicitude os/as aspirantes non
|
||
poderán modificar a súa opción.
|
||
7.7 A falta de presentación da solicitude en tempo e forma supoñerá a non admisión da persoa aspirante ao proceso
|
||
selectivo.
|
||
7.8 No marco da vixente normativa de protección de datos, os datos contidos na solicitude serán obxecto de tratamen-
|
||
to automatizado polo Concello de Ferrol coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión
|
||
deste procedemento, sendo o seu cumprimento obrigatorio para a admisión ás probas selectivas. As persoas interesadas
|
||
poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación ao tratamento e portabilidade dos
|
||
Página 9 / 13
|
||
Xoves, 30 de maio de 2024
|
||
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP
|
||
[Número 104]
|
||
BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
|
||
Jueves, 30 de mayo de 2024
|
||
|
||
|
||
|
||
datos a través da sede electrónica do Concello de Ferrol ou de forma presencial en calquera dos lugares establecidos na
|
||
normativa reguladora do procedemento administrativo común.
|
||
Oitava. Admisión de aspirantes
|
||
8.1 Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, a autoridade convocante ditará resolución declarando aproba-
|
||
da a lista provisional de persoas admitidas e excluídas, indicando as causas de exclusión en cada caso. Esta resolución
|
||
publicarase no BOP e na sede electrónica do Concello de Ferrol concedendo un prazo de 10 días hábiles para emendar as
|
||
solicitudes contado desde o seguinte á devandita publicación. Quen dentro do prazo sinalado, non emende os defectos
|
||
xustificando o seu dereito a ser admitido, será definitivamente excluído do proceso selectivo.
|
||
8.2 Terminado o prazo de reclamacións, o órgano competente ditará nova resolución, elevando a definitiva a listaxe
|
||
provisional de aspirantes ou corrixíndoa se existisen modificacións como consecuencia de reclamacións. Nesta resolución,
|
||
que será publicada no BOP e na sede electrónica do Concello de Ferrol, establecerase a composición do órgano de selec-
|
||
ción así como o lugar, data e hora da realización do primeiro exercicio.
|
||
8.3 O órgano de selección fará pública na páxina web do Concello a relación de persoas aspirantes admitidas que
|
||
solicitaron adaptación de tempo e/ou medios, indicando para cada unha delas a adaptación concedida ou, se fora o caso,
|
||
os motivos da denegación.
|
||
Novena. Órgano de selección
|
||
9.1 Os tribunais de selección que xulgarán as probas selectivas estarán constituídos por 5 membros, coa seguinte
|
||
composición:
|
||
a)Un/Unha presidente/a, que será un/unha funcionario/a designado/a polo órgano competente.
|
||
b)Tres Vogais, funcionarios/as designados/as polo órgano competente.
|
||
c) Un/Unha secretario/a, será un/unha funcionario/a designado/a polo órgano competente, preferentemente a persoa
|
||
titular do posto de oficial maior ou a persoa titular do posto de secretaría xeral do pleno.
|
||
A composición dos órganos de selección deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos
|
||
seus membros e terase presente a paridade entre muller e home, procurando que a diferenza entre os membros de ambos
|
||
os sexos non exceda de un. Todos os membros dos órganos de selección deberán pertencer a un corpo, escala ou categoría
|
||
profesional para o ingreso no cal se requira unha titulación de nivel igual ou superior ao esixido para participar no proceso
|
||
selectivo. Na medida do posible promoverase a incorporación aos órganos de selección de persoal externo ao Concello de
|
||
Ferrol, así como a rotación dos seus membros.
|
||
En ningún caso poden formar parte dos órganos de selección:
|
||
a) O persoal de elección ou de designación política.
|
||
b) O persoal funcionario interino ou laboral temporal.
|
||
c) O persoal eventual.
|
||
d) As persoas que nos 5 anos anteriores á publicación da convocatoria realizasen tarefas de preparación de aspirantes
|
||
a probas selectivas ou colaborasen durante ese período con centros de preparación de opositores.
|
||
A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non se poderá ter en representación ou por conta
|
||
de ninguén.
|
||
Poderán asistir como observadores as sesións do Tribunal (sen voz e sen voto) un membro por cada organización
|
||
sindical con representación no Concello de Ferrol (asistencia a título individual), salvo no que respecta as deliberacións do
|
||
Tribunal, preparación, elaboración e corrección de probas.
|
||
9.2 Os órganos de selección actúan con plena autonomía no exercicio da súa discrecionalidade técnica e os seus
|
||
membros son responsables da transparencia e obxectividade do procedemento, da confidencialidade das probas e do
|
||
estrito cumprimento das bases da convocatoria e dos prazos establecidos para o desenvolvemento do proceso selectivo
|
||
Número de anuncio 2024/3691
|
||
|
||
|
||
|
||
|
||
9.3 Os membros do órgano de selección deberán absterse de intervir, notificándoo ao órgano competente, cando con-
|
||
corra neles algunha das causas establecidas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do Sector
|
||
Público. Así mesmo, as/os aspirantes poderán recusar os membros do órgano de selección cando concorra neles algunha
|
||
de tales circunstancias, segundo o disposto no artigo 24 da mesma lei.
|
||
9.4 Para a válida constitución do tribunal a efectos da celebración de sesións, deliberacións e toma de acordos requi-
|
||
rirase a asistencia, presencial ou a distancia, do presidente ou presidenta e do secretario ou secretaria, ou se fora o caso,
|
||
das persoas que os/as substitúan, e a da metade, a lo menos, dos seus membros.
|
||
|
||
|
||
Página 10 / 13
|
||
Xoves, 30 de maio de 2024
|
||
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP
|
||
[Número 104]
|
||
BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
|
||
Jueves, 30 de mayo de 2024
|
||
|
||
|
||
|
||
Os acordos dos órganos de selección só poderán ser impugnados polas persoas interesadas nos supostos e na forma
|
||
establecida na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Os
|
||
órganos de selección continuarán constituídos ata que se resolvan as reclamacións suscitadas ou as dúbidas que poida
|
||
suscitar o procedemento selectivo.
|
||
9.5 As actuacións do órgano de selección haberán de axustarse estritamente ás bases da convocatoria. No entanto, o
|
||
órgano de selección está facultado para resolver as dúbidas que xurdan durante a realización do correspondente proceso
|
||
selectivo, para adoptar os acordos necesarios que garantan o seu adecuado desenvolvemento, en todo o non previsto
|
||
nestas bases, e para resolver as dúbidas que puidesen xurdir en aplicación delas.
|
||
9.6 O réxime xurídico aplicable aos tribunais axustarase ao disposto para os órganos colexiados na Lei 40/2015, do
|
||
1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
|
||
9.7 O órgano de selección poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores especialistas, con voz e sen
|
||
voto, cando a natureza ou as circunstancias dalgunha das probas así o aconsellen; as mencionadas asesoras e asesores
|
||
limitaranse a prestaren colaboración nas súas especialidades técnicas. Así mesmo, o órgano de selección poderá valerse
|
||
de persoal colaborador durante o desenvolvemento material dos exercicios.
|
||
9.8 En calquera momento do proceso selectivo, o órgano de selección poderá requirir as persoas aspirantes que
|
||
acrediten a veracidade dos documentos que acheguen para a súa participación neste.
|
||
9.9 O órgano de selección poderá excluír as e os opositores en cuxas follas de exame figuren nomes, marcas ou signos
|
||
que permitan coñecer a identidade dos autores ou leven a cabo calquera tipo de actuación fraudulenta durante a realización
|
||
dos exercicios.
|
||
9.10 As resolucións dos órganos de selección vinculan ao Concello de Ferrol, sen prexuízo de que esta, no seu caso,
|
||
poida revisalas conforme ao establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo.
|
||
9.11 Os órganos de selección, así como o persoal colaborador e asesores, quedarán incluídos na categoría que
|
||
corresponda ao grupo de titulación ao que pertenzan as prazas convocadas, para os efectos de percepción de asistencias,
|
||
conforme ao Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.
|
||
Décima. Superación do proceso selectivo
|
||
– Finalizado o proceso selectivo, o órgano de selección fará pública a relación de aspirantes que o superasen pola orde
|
||
de puntuación alcanzada na sede electrónica do Concello de Ferrol. Esta relación elevarase á autoridade convocante
|
||
que a publicará no BOP. As persoas aspirantes disporán dun prazo de 20 días hábiles, desde o día seguinte ao
|
||
desta publicación, para a presentación da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos na
|
||
correspondente convocatoria:
|
||
1. Titulación académica ou profesional esixida na convocatoria.
|
||
2. Declaración responsable de non estar separada, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha adminis-
|
||
tración pública, nin estar inhabilitada para o exercicio de funcións públicas.
|
||
3. Declaración responsable de non estar incursa en causa de incapacidade ou incompatibilidade, de conformidade coa
|
||
lexislación vixente e referida ao momento da súa toma de posesión.
|
||
4. Certificado do número de conta bancaria.
|
||
5. Documentación xustificativa daqueles outros requisitos esixidos para o ingreso nas bases específicas de cada
|
||
proceso selectivo.
|
||
Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos sinalados, as persoas aspirantes poderán
|
||
acreditar que reúnen as condicións esixidas mediante calquera outro medio de proba admitido en dereito.
|
||
Esta documentación presentaranse preferentemente por vía electrónica a través de rexistro electrónico dirixida ao
|
||
Servizo de Recursos Humanos do Concello de Ferrol. Poderá tamén presentarse en calquera das formas que determina o
|
||
artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De
|
||
Número de anuncio 2024/3691
|
||
|
||
|
||
|
||
|
||
conformidade co artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións
|
||
Públicas, o Concello de Ferrol poderá establecer regulamentariamente que as persoas participantes nos procesos selecti-
|
||
vos por el convocados deban relacionarse obrigatoriamente a través de medios electrónicos nos termos que establezan as
|
||
correspondentes convocatorias. Así mesmo, en función da natureza das funcións das prazas convocadas, as bases espe-
|
||
cíficas poderán contemplar que as persoas aspirantes deban realizar un recoñecemento médico obrigatorio que acredite
|
||
que posúen as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas para o exercicio das funcións e tarefas das prazas convocadas.
|
||
Nese caso, o recoñecemento médico será realizado polo servizo de prevención do Concello de Ferrol. No seu defecto, as
|
||
bases contemplarán entre a documentación preceptiva a achegar para o nomeamento o seguinte documento:
|
||
|
||
Página 11 / 13
|
||
Xoves, 30 de maio de 2024
|
||
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP
|
||
[Número 104]
|
||
BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
|
||
Jueves, 30 de mayo de 2024
|
||
|
||
|
||
|
||
– certificado médico de non padecer enfermidade nin eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións
|
||
correspondentes á praza convocada.
|
||
Os/as aspirantes aprobados que fixesen valer a súa condición de persoal con discapacidade na instancia, deberán
|
||
acreditar a compatibilidade co desempeño das tarefas ou funcións correspondentes.
|
||
Non poderán ser nomeadas funcionarias e quedarán sen efectos as actuacións relativas a aquelas persoas que non
|
||
acrediten os requisitos esixidos na convocatoria.
|
||
As persoas que tivesen a condición de persoal funcionario de carreira estarán exentos de xustificar documentalmente
|
||
as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da
|
||
administración pública da que dependesen para acreditar esta condición.
|
||
10.2 Nos procesos de promoción interna as persoas aspirantes que superen a fase de oposición cunha nota igual
|
||
ou superior ao 50% da cualificación máxima desta e non obteñan praza, conservaráselles a puntuación obtida durante un
|
||
período de 6 anos nas dúas convocatorias seguintes de promoción interna, sempre que sexa análoga no seu contido e na
|
||
forma de cualificación.
|
||
10.3 Os órganos de selección non poderán propoñer o acceso á condición de funcionarios dun número superior de
|
||
aprobados ao de prazas convocadas, salvo cando así o estableza a propia convocatoria. Con todo, sempre que o órgano
|
||
de selección propuxera o nomeamento de igual número de aspirantes que de prazas convocadas, e co fin de asegurar a
|
||
súa cobertura, cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados ou da documentación achegada se desprenda
|
||
que non cumpren os requisitos esixidos na convocatoria ou por circunstancias sobrevidas se deduza a imposibilidade de
|
||
incorporación dalgún dos ou das aspirantes, antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá
|
||
requirir do órgano de selección unha relación complementaria de aspirantes que superen as probas que sigan as e os
|
||
propostos, por orde de puntuación, para o seu posible nomeamento como funcionarios de carreira.
|
||
10.4 Cando a convocatoria estableza un período de prácticas ou un curso selectivo, a autoridade que efectuase a
|
||
convocatoria nomeará persoal funcionario en prácticas as persoas aspirantes propostas. O nomeamento, como persoal
|
||
funcionario de carreira, unicamente poderá efectuarse unha vez superados con aproveitamento, ben o período de prácticas,
|
||
ben o curso selectivo de acordo co establecido nas correspondentes bases específicas.
|
||
As persoas aspirantes que non superen o período de prácticas, de acordo co procedemento de cualificación previsto
|
||
na convocatoria, perderán todos os dereitos ao seu nomeamento como persoal funcionario de carreira, por resolución
|
||
motivada da autoridade que efectuase a convocatoria.
|
||
As persoas aspirantes que non superen o curso selectivo poderán incorporarse ao inmediatamente posterior coa
|
||
puntuación asignada ao último dos participantes neste. De non superalo perderán todos os seus dereitos ao nomeamento
|
||
como persoal funcionario de carreira.
|
||
10.5 A adxudicación dos postos entre os aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase segundo a petición
|
||
de destino de acordo coa puntuación total obtida, tendo en conta o previsto no artigo 54 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do
|
||
emprego público de Galicia, respecto ao acceso ao emprego público das persoas con discapacidade. Estes destinos terán
|
||
carácter definitivo, equivalente a todos os efectos aos obtidos por concurso.
|
||
10.6 O acto que poña fin ao procedemento selectivo deberá ser motivado. A motivación dos actos do órgano de selec-
|
||
ción ditados en virtude de discrecionalidade técnica no desenvolvemento do seu cometido de valoración, estará referida ao
|
||
cumprimento das bases da convocatoria e das normas regulamentarias.
|
||
10.7 O órgano de selección poderá declarar desertas aquelas prazas obxecto de convocatoria que non resulten cuber-
|
||
tas por non superar o proceso selectivo o número suficiente de aspirantes.
|
||
10.8 A toma de posesión efectuarase dentro do prazo máximo dun mes a partir da publicación da resolución do no-
|
||
meamento no BOP; de non o facer nin existir causa xustificada, que deberá ser alegada e aceptada, as persoas nomeadas
|
||
quedarán na situación de cesantes.
|
||
Décimo primeira. Listaxes de agarda de persoal funcionario interino
|
||
Número de anuncio 2024/3691
|
||
|
||
|
||
|
||
|
||
As bases específicas das convocatorias poderán acordar a formación de listaxes de agarda, a efectos do seu posible
|
||
nomeamento como persoal funcionario interino, con aquelas persoas aspirantes que tendo superado algún ou varios dos
|
||
exercicios non sexan nomeadas persoal funcionario de carreira. Estas listaxes xestionaranse de conformidade co disposto
|
||
no art. 8 do Regulamento para a selección de persoal funcionario interino e laboral temporal do Concello de Ferrol (BOP nº
|
||
52 do 15 de marzo de 2019).
|
||
Tal e como dispón o citado Regulamento, as listaxes da bolsa de traballo non serán de aplicación nos caos que o
|
||
proceso selectivo veña imposto, polo que as listaxes elaboradas ao abeiro de procesos selectivos gozarán de prioridade
|
||
respecto das listaxes de bolsa de traballo en relación coas distintas modalidades de nomeamento de funcionario interino
|
||
Página 12 / 13
|
||
Xoves, 30 de maio de 2024
|
||
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOP
|
||
[Número 104]
|
||
BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
|
||
Jueves, 30 de mayo de 2024
|
||
|
||
|
||
|
||
establecidas no art. 10.1 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da
|
||
Lei do estatuto básico do empregado público.
|
||
Décimo segunda. Prazo de vixencia
|
||
O prazo de vixencia das presentes bases será dun máximo de 4 anos a contar dende a publicación no BOP e serán
|
||
sometidas a avaliación, e, no seu caso, revisión con carácter anual.”
|
||
O que se publica para xeral coñecemento.
|
||
Ferrol, 27 de maio de 2024
|
||
En uso da delegación conferida polo acordo da Xunta de Goberno Local do 11/12/2023 (BOP nº 241 do 20/12/2023),
|
||
a concelleira delegada titular da Área de Facenda, Patrimonio, Recursos Humanos e Estatistica
|
||
Susana María Sanjurjo Fraga
|
||
2024/3691
|
||
|
||
|
||
|
||
|
||
Número de anuncio 2024/3691
|
||
|
||
|
||
|
||
|
||
Página 13 / 13
|
||
|