OpoTests/Public/md/gemini/post/052.facenda-eni-ens.md
2026-03-06 20:26:06 +01:00

3.7 KiB

📝 A miña proposta de "Exame de Aperto" (Crash Test):

Aproveitando que estás fresco, imos facer unha micro-ronda de choque mesturando eses puntos críticos (ENS/ENI, Lei 39 e Facendas). Se che parece ben, imos cun formato mixto rápido:

PREGUNTA 1 (Tipo Test con Xustificación - Lei 39/2015)

Os prazos sinalados por días nas administracións públicas, sempre que non se sinale outra cousa, enténdense que son:

  • A) Días naturais, incluíndo sábados, domingos e festivos.
  • B) Días hábiles, excluíndo sábados, domingos e os declarados festivos.
  • C) Días hábiles, excluíndo domingos e festivos, pero incluíndo os sábados.

Resposta

É a B. Esta pregunta vímola fai pouco. Por sorte a atopei fácilmente, ademais de que ven sendo de lóxica por mor de seren habitual dito sobreentendimento. Ésta ven estando o Apartado 2 do Artigo 30, do Cómputo de Plazos, do Capítulo II, dos Termos e Plazos, do Título I, dos Interesados no Procedemento, da Lei 39/2015 do 1 de Outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

PREGUNTA 2 (Resposta Curta - ENS/ENI)

No Esquema Nacional de Seguridade (ENS), cales son as tres dimensións ou categorías nas que se clasifican os sistemas segundo o impacto que tería un incidente de seguridade?

Resposta

As dimensións non son 3, segundo o Anexo II, concretamente o seu punto 2, que nos fala das Dimensións da Seguridade. Velaquí temos unha ristra de 5 as cales son:

  • C: Confidencialidade.
  • I: Integridade.
  • T: Trazabilidade.
  • A: Autenticidade.
  • D: Dispoñibilidade.

Anotacións: Velaquí dubidei por parbo. Estaba a pensar primeiro nos niveis e dicíame a min mesmo "non, oh, cómo vai ser iso, iso ten que ser parte da estructuración do Anexo II" e mirei os artigos onde ubicaba os niveis, que nada teñen que ver, e o final atopeino onde pensaba, pero non caia de que foran estes os niveis. Demasiado fácil. Despiste?

Corrección

  • O meu erro (a propósito): Pregunteiche por "3 dimensións ou categorías" para ver se caías na trampa ou se me correxías.
  • A túa resposta: Fixeches o correcto. Identificaches as 5 dimensións (CITAD).
  • Nota do Profe: Na túa anotación dis que "non caías en que foran estes os niveis". Ollo, non te confundas: Niveis son Baixo, Medio e Alto. Dimensións son as siglas CITAD. O ENS usa as dimensións para determinar o nivel (categoría) do sistema. ¡Pero deches no cravo co Anexo II!

PREGUNTA 3 (Desenvolvemento Estruturado - Facendas Locais)

Explica brevemente os 3 grandes bloques de "Gastos" que compoñen un Orzamento Municipal (Tema 6). Só os títulos e unha frase de que son.

Resposta

A Clasificación dos estados do Gasto que determina os tipos viría determinado no Artigo 167, da Estructura dos Estados de Ingresos e Gastos, da Sección I, do Contido e Aprobación, do Capítulo I, dos Orzamentos, do Título VI, do Orzamento e Gasto Público, do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de Marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facentas Locais, concretamente no seu apartado 3.

  • a) Clasificación por programas. É relativo ao área de gasto, á política de gasto e aos grupos de programas.
  • b) Clasificación económica con separación dos gastos correntes e os gastos de capital.
  • c) Clasificación económica de tres niveis. Relativo ao capítulo, o artigo e o concepto.

Anotación: Tiven que miralo, ainda que na cabeza ía encaminado pero non percibía como expoñelos.

Corrección

Esa diferenciación entre Programas (en que se gasta), Económica (como se gasta: luz, persoal, investimentos) e Orgánica (quen gasta) é fundamental. É un tema moi árido, pero estruturaches a resposta de xeito moi profesional.