65 lines
3.9 KiB
Markdown
65 lines
3.9 KiB
Markdown
> **📝 MICRO-EXAME DE DIAGNÓSTICO (T1, T2, T3)**
|
|
|
|
# 1. TEST CON XUSTIFICACIÓN (Tema 1: Constitución)
|
|
|
|
A Constitución Española define no seu Título Preliminar a forma política do Estado español como:
|
|
|
|
- A) Unha Monarquía Parlamentaria.
|
|
- B) Unha República Democrática de Dereito.
|
|
- C) Unha Monarquía Democrática e Social.
|
|
|
|
Xustificación: (Por que as outras non son o termo literal que usa a CE?)
|
|
|
|
## Resposta
|
|
|
|
É a A.
|
|
|
|
- A) España é un estado monárquico, cuxa parte regúlase no Título II; e parlamentario por mor de teren o Parlamento, que ven sendo as Cortes Xerais que constan, á súa vez do Congreso dos Diputados e o Senado.
|
|
- B) España non é unha república por tela Casa Real, é dicir, a Monarquía; por outra banda, si expresa como termo de constutición básica a democracia como base electoral para participación política, pero a estructuración política é parlamentaria, polo que o termo correcto sería parlamentario, e pese que a base fundamental da Constitución, que ven sendo o Título I cos dereitos, éstos aplícanse como base o non como selección ou definición de estado.
|
|
- C) Pese a ser España un Estado Monárquico e Democrático, a parte democrática é unha característica cara o seu funcionamento, pero como estado é Parlamentario; e cómo ámbito político nin persoal non está dirixido, polo que non se lle pode por outro termo que o indique, velahí temos partidos que si identifican isto pero a nivel parlamentario.
|
|
|
|
## Corrección
|
|
|
|
- **Puntuación: 8.5/10**
|
|
- *Puntualización do Profe*: O **Artigo 1.3** di literalmente: "*A forma política do Estado español é a Monarquía parlamentaria*". O que comentas na opción "C" ten un matiz importante: o **Artigo 1.1** di que España se constitúe nun "*Estado social e democrático de Dereito*", pero a **forma política** é a Monarquía Parlamentaria. Non confundas "Estado" (o que somos) con "Forma política" (como nos organizamos).
|
|
|
|
# 2. RESPOSTA CURTA (Tema 2: Organización Territorial)
|
|
|
|
Segundo o Estatuto de Autonomía de Galicia, cales son os tres órganos que compoñen o "Poder Galego" (ou as institucións da Autonomía)?
|
|
|
|
## Resposta
|
|
|
|
- O Parlamento.
|
|
- A Xunta.
|
|
- A Administración de Xustiza.
|
|
|
|
Isto o temos como os tres Capítulos que compón precisamente tito Título I da Ley Orgánica 1/1981, do 6 de Abril do Estatuto de Autonomía de Galicia.
|
|
|
|
## Corrección
|
|
|
|
Identificaches as tres patas: **Parlamento**, **Xunta** (e o seu Presidente) e a **Administración de Xustiza en Galicia**. Citaches a Lei 1/1981 impecablemente.
|
|
|
|
# 3. DESENVOLVEMENTO "FLASH" (Tema 3: Unión Europea)
|
|
|
|
A Unión Europea ten un "triángulo institucional" que manda. Tenta relacionar estes tres nomes co que fan (aínda que sexa por intuición):
|
|
|
|
1. Comisión Europea
|
|
2. Parlamento Europeo
|
|
3. Consello da Unión Europea
|
|
|
|
## Resposta
|
|
|
|
A Comisión Europea ten o poder executivo.
|
|
|
|
O Consello da Unión Europea ten a adopción de leis valéndose da función lexislativa que comparte co Parlamento Europeo. A capacidade levar a cabo as leis a ten a Comisión Europea por ser a que ten o poder executivo. Básicamente, o Consello ven sendo unha ponte que separa o poder lexislativo, é dicir, o Parlamento; o poder executivo, que ven sendo o Consello da Unión Europea.
|
|
|
|
> **Anotacións**: Tiven que miralo indiscriminada mente. Esta parte resísteseme moito.
|
|
|
|
## Corrección
|
|
|
|
- **Aprobado con pinzas** (pero moi ben pola honestidade).
|
|
- É normal que te resistas, a UE é un "liño".
|
|
- *O esquema rápido para o teu cerebro*:
|
|
- **Comisión Europea**: É a "nai" das leis. Ela é a única que ten a **iniciativa lexislativa** (propón a lei) e logo execútaa.
|
|
- **Parlamento Europeo**: Representa aos **cidadáns**. Elixe o Presidente da Comisión e vota as leis co Consello.
|
|
- **Consello da Unión Europea (ou Consello de Ministros)**: Representa aos **Gobernos** dos países. Comparte co Parlamento o poder de aprobar leis e orzamentos. |