OpoTests/Public/md/gemini/post/051.tema8.md
2026-03-06 20:26:06 +01:00

76 lines
4.9 KiB
Markdown

> **📝 EXAME DE CONTROL: TEMA 8 (Lexislación e Normalización)**
# MODALIDADE 1: Tipo Test con Justificación
Tes que escoller a opción correcta e explicar BREVEMENTE por que as outras son incorrectas.
## 1. Elixe
No marco da Lei 19/2013 de Transparencia, o dereito de acceso á información pública poderá ser limitado cando supoña un prexuízo para:
- A) Os intereses económicos e comerciais da Administración solicitada de forma xenérica.
- B) A prevención, investigación e castigo dos ilícitos penais, administrativos ou disciplinarios.
- C) Calquera información que aínda non fose publicada no Portal de Transparencia correspondente.
### Resposta:
Velaquí sería a B.
### Xustificación:
- A) A economía e o comercio non ten cabida na limitación do dereito de acceso á información pública, é máis, só polo principio de transparencia, dita información debería de ser pública e accesible, salvo que se trate de información confidencial ou que afecte a terceiros, pero non de forma xenérica.
- B) A prevención, investigación e castigo dos ilícitos penais, administrativos ou disciplinarios son causas que derivan nunca sensibilidade informativa que verase limitada de forma especial cara a publicidade de dita información. Ésta a atopamos especialmente nomeada na Sección Primeira, do Réxime Xeral, do Capítulo III, do Dereito de Acceso á Información Pública, do Título I, de Transparencia da Actividade Pública da Lei 19/2013, do 9 de Decembro, de transparencia de Acceso á Información Pública e bo Goberno.
- Do Artigo 14, Dos límites ao Dereito de Acceso á Información.
- Do Artigo 15, Do Garante da Protección de Datos Personais.
- Do Artigo 16, Do Acceso Parcial á Información Pública.
- C) Precisamente, o portal de transparencia úsase para ter de caracter público a información que xestiona a Administración, de caracter obrigatorio, polo que non tería unha situación especial, e menos de limitalo acceso á mesma salvo cando ésta afecte a terceiros, pero non en mézcora con outras cousas.
### Corrección
Nota Profe: No punto A da túa xustificación, dis que a economía non ten cabida. Ollo, que o Artigo **14.1.h)** da Lei 19/2013 si menciona "Os intereses económicos e comerciais" como límite, pero a clave da pregunta era que a miña opción dicía "**de forma xenérica**", e a lei esixe que se probe un **perxuízo real**. Moi ben visto.
# MODALIDADE 2: Respuesta Corta
Define ou responde de forma técnica e directa.
## 2. Pregunta
Segundo a LO 3/2018, en que consiste o "Dereito de Rectificación"?
### Resposta:
O Dereito de rectificación é o dereito que posuimos para poder facer cambios ou correccións nos datos que nos atañen. Viría sendo o Artigo 14 do Capítulo II, do Exercicoi dos Dereitos, do Título III, dos Dereitos das Persoas, da Lei Orgánica 3/2018, do 5 de Decembro de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais.
### Corrección
Definición perfecta. O dereito a que se modifiquen datos inexactos ou incompletos.
## 3. Pregunta
Cal é o nome do órgano encargado en España de velar polo cumprimento da normativa de transparencia e resolver as reclamacións (mencionado no teu resumo do Bloque 2)?
### Resposta:
O Consello de Transparencia e Bo Goberno, que se atopa no Artigo 24 da Sección III do Réxime de Impugnacións, do Capítulo III, do Dereito de Acceso á Información Pública, do Título I, da Transparencia da Actividade Pública, da Lei 19/2013, do 9 de Decembro de Transaprecnia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno.
### Corrección
Correcto. O **Consello de Transparencia e Bo Goberno**. É o "gardián" deste dereito.
# MODALIDADE 3: Pregunta de Desenvolvemento (Estrutura)
Aquí non quero un testamento, quero que me estrutures os puntos clave como se llo tiveses que explicar a un compañeiro.
## 4. Pregunta
Baseándote na Lei 3/1983 e na Ordenanza de Ferrol, explica como debe ser a relación lingüística entre o Concello e os administrados (veciños). Que lingua se usa por defecto e que dereitos ten o cidadán?
### Resposta:
A relación ha de ser na lingua que elixa o veciño, pero para fomentalo uso do galego, esta farase de primeiras en galego, salvo que específicamente o veciño solicite o uso do castelán. Aquí temos referencias a isto na Normativa Municipal, concretamente no seu Capítulo VIII, no seu único Artigo XVIII. Pola outra banda, os termos que atañen á Lei 3/1983, do 15 de Xuño, de Normalización Lingüística non define nada máis aló dos dereitos cara o uso do galego por parte dos cidadáns, deerivando á Xunta calaquera disposición cara dita normalización.
### Corrección
**Moi boa**. * Tes claro o principio: o galego é a lingua "por defecto" para fomentar a normalización, pero sempre respectando o dereito do cidadán a recibir comunicacións en castelán se o pide.
- *Punto Extra*: Citaches o Capítulo VIII da Ordenanza de Ferrol. Esa precisión é de nivel "plaza de funcionario".